RETIRADA DAS MÁSCARAS EN INTERIORES NOS COLEXIOS.
FapaCoruña2022-03-10T12:15:38+01:00O debate sobre a retirada da máscara nos espazos interiores dos colexios está sobre a mesa do Consello Interterritorial de Sanidade. Hai comunidades que se mostran favorables e outras que polo momento non o teñen tan claro e consideran a medida prematura, decantándose por esperar a que haxa unha clara melloría da situación epidemiolóxica e que a medida conte co apoio maioritario da comunidade científica. A Asociación Española de Pediatria (AEP) propuxo un calendario para a retirada progresiva das máscaras nas aulas, de forma graduada e por grupos de menor a maior idade, cun reforzo dos protocolos de ventilación e resto [...]