Este martes, 1 de marzo, abriuse o prazo para que as familias tramiten a solicitude de admisión nos colexios e institutos de cara ao curso 2022-2023.

    • Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
    • A presentación de solicitudes poderanse levar a cabo tanto de forma presencial como por vía telemática a través da dirección, Sede electrónica Educación.
    • As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
    • En caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron «V» e «U» para o primeiro apelido e «A» e «Z» para o segundo.
    • Datas clave:
      • Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

      • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

      • Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.

      • Publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.

      • Formalización de matrícula en Educación Infantil e Primaria: 20-30 de xuño.

      • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

      • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.