O debate sobre a retirada da máscara nos espazos interiores dos colexios está sobre a mesa do Consello Interterritorial de Sanidade. Hai comunidades que se mostran favorables e outras que polo momento non o teñen tan claro e consideran a medida prematura, decantándose por esperar a que haxa unha clara melloría da situación epidemiolóxica e que a medida conte co apoio maioritario da comunidade científica.
A Asociación Española de Pediatria (AEP) propuxo un calendario para a retirada progresiva das máscaras nas aulas, de forma graduada e por grupos de menor a maior idade, cun reforzo dos protocolos de ventilación e resto de medidas hixiénicas.
Este é o calendario proposta: primeiro e segundo de Primaria: a partir do luns 28 de febreiro 2022; terceiro e cuarto de Primaria desde o luns 14 marzo 202; quinto e sexto da partir do luns 28 marzo 2022; Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): a partir do luns 25 abril 2022 e, finalmente, os alumnos de Bacharelato a partir do luns 9 de maio 2022.
Sabemos que a retirada da máscara ten os seus partidarios e detractores entre as familias. Desde a FAPA consideramos que a medida debe de atrasarse o máximo posible, e sobre todo cando a incidencia acumulada aínda continúa por encima dos 600 casos.
Ante esta situación, o pasado 28 de febreiro enviamos un correo electrónico aos conselleiros de Educación e Sanidade con algunhas reflexións encamiñadas a evitar a precipitación que puidese supor unha volta atrás, e sobre todo para garantir a protección dos nosos menores.
Este é o texto do correo electrónico.
Boas tardes señores conselleiros.
Ante as declaracións dos responsables políticos e diferentes noticias publicadas recentemente en diversos medios de comunicación, moitos pais e nais asociados na FAPA consideran, que polo momento, non se deben retirar as máscaras nos centros educativos polas razóns que a continuación detallamos brevemente.
A medida, que consideramos temeraria y prematura nestes momentos, carece de todo fundamento científico. Diferentes expertos indican que cunha incidencia tan elevada (lonxe dos 50 de IA) non se debería adoptar esta medida carente de toda base científica. É unha medida que ten que ir en paralelo coa promoción da vacinación e a promoción dos protocolos de ventilación. Os propios centros non saben que aula ventila ben e cal non, dous anos despois. Non se promoveu suficientemente o tema da ventilación nin os medidores nas escolas. Hai que mellorar o protocolo de ventilación. Unha aula que ventila mal, ventila mal, non vai mellorar só porque se diga.
De feito, o Consejo General de Colegios de Logopedas ven de declarar que non existe ningunha evidencia científica que indique o uso de máscara cause retraso na adquisición da linguaxe, como se argumenta. A realidade é que a día de hoxe non temos evidencia de que o uso das máscaras ao falar con nenos cause atrasos na fala ou na linguaxe. De feito, algúns estudos recentes, e tamén algúns resultados preliminares aínda sen revisión de pares, parecen indicar que non é así.
Este rexeitamento á eliminación, nestes momentos, das máscaras vense repetindo por diferentes pediatras a nivel nacional e internacional.
Un estudo publicado recentemente en EE.UU, sobre a transmisión da Covid en escolas de primarias, conclúe que medidas como a de quitar a máscara deberían levar a cabo, en contornas vacinadas, si a incidencia está entre os 15 e 25 casos por 100.000 habitantes. Iso sería o ideal.
Ademáis está comprobado que o uso da máscara reduce a carga viral inhalada, e unha alta carga viral inicial é determinante no pronóstico da gravedade da enfermidade e tamén inflúe na posibilidade de sufrir covid persistente.
Esta medida que consideramos arriscada nestes momentos, tomaría aos nenos como cobaias xa que serían os primeiros en eliminar esta capa de protección e polo tanto, transforma os colexios en laboratorios onde se experimenta cos menores. Dado que na actualidade ninguén ten dúbidas en que o problema está principalmente en espazos pechados e mal ventilados, a decisión obviaría os efectos a medio e largo plazo das secuelas que podan quedar ao pasar a enfermidade. Do mesmo xeito que o proceso de vacinación non empezou cos máis novos, tampouco esta hipotética retirada debería comezar polos menores de idade.
Esta decisión deixaría desprotexidos a nenos e nenas con patoloxías previas, así coma docentes vulnerables. Ao mesmo tempo non contempla os posibles casos de covid persistente que puideran xurdir nos menores contaxiados. Polo tanto, ao non ter avanzado noutras medidas imprescindibles coma a mellora da ventilación nos centros educativos, a máscara é unha barreira ineludible.
Adoptar esta medida unha vez que remate o periodo de vacinación tampouco é unha solución xa que, por unha banda, non está contemplada para os menores de 5 anos e por outra, como puidemos comprobar na sexta vaga, a vacina non impide o contaxio. Segundo a experiencia das ondas anteriores e as evidencias científicas, centrar a solución na vacina como única medida é un erro. Débense implentar diversas medidas que garantan un ambiente seguro para os menores: ventilación, máscaras ou distanciamento.
Un dos últimos estudios realizados sobre a transmisión por aerosois en centros educativos, observando o efecto da ventilación natural, máscaras, filtración e as súas combinacións sobre a concentración de partículas virais nun aula onde había un individuo infeccioso, indica que só a ventilación disminúe 14 veces a dose inhalada, só a máscara 8 veces, o filtro HEPA (entre 2,5 e 4 veces), mentras que se se aplican tódalas medidas conxuntamente, a dose inhalada baixa hasta 30 veces.
Compartimos o cansancio da pandemia e das exixencias que ésta nos ten plantexado, pero debemos garantir a protección dos nosos menores nunha situación de pandemia con varios centos de falecidos ao día así como numerosos casos de covid persistente. A retirada da máscara nos centros escolares non se pode levar a cabo nun contexto como o actual sen adoptar medidas que garantan uns niveis de ventilación que favorezan a seguridade dos menores.
Reclamamos “sentidiño” e non precipitarnos. Cando se tomaron medidas apresuradamente, todos acabamos pagado as consecuencias.
En nome de toda a nosa Xunta Directiva, reciban un cordial saúdo.
Xunta Directiva FAPA.
Contestación do conselleiro de Educación, o señor Román Rodríguez González.