Este martes, 1 de marzo, abriuse o prazo para que as familias tramiten a solicitude de admisión nos colexios e institutos de cara ao curso 2022-2023.
-
- Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
- A presentación de solicitudes poderanse levar a cabo tanto de forma presencial como por vía telemática a través da dirección, Sede electrónica Educación.
- As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
- En caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron «V» e «U» para o primeiro apelido e «A» e «Z» para o segundo.
- Datas clave:
-
Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
-
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
-
Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
-
Publicación das listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
-
Formalización de matrícula en Educación Infantil e Primaria: 20-30 de xuño.
-
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
-
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.
-