actividad exposición

Estimados/os docentes: 

Escribimos en nome de Arte-Facto ([http://www.arte-facto.org)] grupo de investigación da Universidade da Coruña formado por un colectivo de artistas e docentes que traballamos sobre procesos artísticos contemporáneos en infantil, primaria e secundaria desde a Universidade da Coruña (UDC). 
 
Arte-Facto é o encargado de levar a cabo o proxecto educativo asociado á exposición fotográfica Steven Meisel 93que se vai inaugurar o día 19 de novembro de 2022 na nave do peirao de Batería do porto da Coruña. Esta exposición de fotografía consta de máis de 100 traballos que mostran o que significou para o artista o seu ano máis fructífero e creativo. 
O curso pasado realizamos con éxito o proxecto educativo para a exposición Peter Lindberg Untold Stories do que se fai eco esta noticia que poden ver a continuación: Os mozos galegos queren ser Peter Lindbergh.
 
 Por todo isto é polo que nos comprace convidarlles a participar no laboratorio de educación artística que deseñamos para esta nova exposición. Nesta ocasión contamos con un espazo convertido en plató fotográfico onde o alumnado poderán experimentar co medio fotográfico.
Atoparán toda a información relevante na invitación que se adxunta neste mesmo correo ao que poden contestar para comunicar os grupos interesados en participar (número de persoas e idade).
 
Adiantarlles agora que a visita guiada máis a actividade didáctica que propoñemos son completamente gratuítas.
 
Esperamos que se animen a participar xa que é unha oportunidade única para poder gozar desta exposición en Galicia. 
Moitas grazas 
Saúdos, 
Carmen Morales Jaspe e Carla Álvarez Barrio
Axudantes de investigación