O Concello da Coruña convídavos á Feira do Voluntariado, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo no paseo do Parrote
Feira do Voluntariado A Coruña
O encontro, organizado en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, reunirá o sábado 25 e o domingo 26 de marzo a numerosas entidades de voluntariado da cidade de diversa natureza: ambiental, cultural, comunitario, social, deportivo, internacional, de lecer e tempo libre, protección civil e socio-sanitario.
Baixo o lema ‘Ven coñecernos‘, a Feira do Voluntariado estará aberta no Parrote o sábado 25 de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas, e o domingo 26, só en horario de mañá, de 11.00 a 14.30 horas. As entidades participantes darán a coñecer o seu labor de voluntariado mediante charlas e obradoiros, e tamén haberá actuacións musicais nunha dobre xornada aberta ao público xeral.
PROGRAMA JORNADAS VOLUNTARIADO GAL