BECAS COMEDOR CURSO 2022/23   

Para a vosa información e as vosas familias, informarvos que o pasado día 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, cunha partida orzamentaria de 2.050.000 euros, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, do termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

Toda a información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces:

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2022/2023

 

Convocatoria Bolsas Municipais Comedor curso 2022/2023

13 de xuño de 2022

Co rogo da súa difusión:

Hoxe 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.  Pódense consultar en:

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Atentamente,

Bolsa Comedor

Convocatoria Becas Municipales Comedor curso 2022/2023

13 de junio de 2022

Con el ruego de su difusión:

Hoy 13 de junio de 2022 se publicó en la dirección web del tablón de anuncios y edictos del Ayuntamiento de A Coruña, el listado de requerimiento de subsanación de documentación de las solicitudes de la convocatoria para la concesión de de becas municipales para el pago de comedores escolares para el curso 2022/2023. Se pueden consultar en:

El listado con los requerimientos de subsanación de documentación identificarán las solicitudes atendiendo al código de asiento de registro de entrada la solicitud inicial y al número de expediente asignado, y se referirá a la  acreditación del cumplimiento de requisitos del apartado 6 y documentación del apartado 10 de la convocatoria (en caso de no atender a este requerimiento o no hacerlo adecuadamente se tendrá por desistida la solicitud); así como de la  corrección de la documentación justificativa de otras circunstancias a valorar distintas de la situación económica de la unidade familiar del apartado 11 (en caso de no atender a este requerimiento o no hacerlo adecuadamente NO se tendrá por desistida la petición).

El plazo para la presentación de la documentación requerida es del 14 al 28 de junio, ambos incluídos, y podrá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), en los registros municipales (Plaza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franja y del CCM Mesoiro), en el registro telemático de la sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en cualquiera otro de los previstos en el art. 16.4 de la Lei 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Atentamente

Beca Comedor

11 DE XULLO DE 2022

Concesión de bolsas comedor curso 22/23. Proposta provisional

O Concello publica a listaxe provisional de concesións das bolsas comedor para o curso 2022-2023

Listaxe provisional

Proposta aprobación definitiva da convocatoria de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2022/2023

Onte publicouse no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a proposta de aprobación definitiva da convocatoria de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2022/2023 e a apertura do prazo de aceptación ou renuncia.
As persoas beneficiarias que desexan renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 10 ao 24 de agosto, ambos incluidos. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida.
A información pode consultarse no seguinte enlace: