Estratexias de prevención ou como lograr unha convivencia saudable na aula
Estimadas familias:
No día de hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día contra o Acoso Esolar. Lamentablemente, cada día escoitamos novas dramáticas en torno a este tema; non son poucos os menores que sofren aillamento, abusos ou trato vexatorio por parte de grupos de rapaces ou rapazas chegando a provocar situacións emocionais relacionadas coa ansiedade, depresión, abandono escolar, ou mesmo chegar ao suicidio.
Por isto mesmo, é urxente que continuemos a traballar na procura da eliminación do acoso escolar; anque se están a aplicar medidas e protocolos de actuación por parte dos centros de ensino, é evidente que segue sendo necesario abordar este asunto dende a prevención e a toma de conciencia desta realidade e deseñar novas estratexias socioeducativas compartidas polas familias e polo resto da comunidade educativa, para que entre todas e todos, logremos acadar un clima de boa convivencia, de respeto e de tolerancia.
Así logo, convidámosvos á charla que se celebrará o vindeiro 11 de maio, ás 18.30h no Salón de actos do Pazo de Vila Melania, en Vilaboa onde se poderá debater sobre posibles “estratexias de prevención ou como lograr unha convivencia saudable na aula” Nela participarán profesionais como Ana M.ª Pérez, Psicóloga do Materno Infantil, Carmen Rodríguez-Trelles, directora do IES Blanco Amor, ou Berta Pérez, orientadora do IES Rego de Trabe.
Agardamos a vosa presenza sempre necesaria para mellorar a educación.
Unha aperta moi cordial
A Concelleira de Educación A Concelleira de Política social
Cristina Pardo Portos Jéssica Méndez Sánchez