Acerca de los DONATIVOS a fundaciones educativas compartimos la nota de la CONGAPA.

Información sobre DONATIVOS. Liberdade e voluntariedade.

CONGAPA INFORMA:

Ante as informacións que están a aparecer en medios de comunicación como consecuencia das declaracións da ministra de Facenda, María Jesús Montero, nas que cuestiona a “licitude” e “veracidade” das doazóns efectuadas polas familias a Fundacións é noso deber lembrar:

1. En España existe unha lei de Fundacións na que se establecen as condicións e requisitos de calquera entidade para poder ser receptora de donativos fiscalmente desgravables.

No noso país existen moi diversas entidades que reciben donativos, sen contraprestación directa ao doante e que se enmarcan nos ámbitos da cultura, educación, servizos sociais, terceiro sector, sanitarias, investigación, cooperación internacional…. e non se pon en dúbida, a validez das doazóns recibidas.   Estas doazóns cumpren os requisitos de liberdadevoluntariedade e sen ningún tipo de contraprestación, sendo proba diso que non se realizan pola totalidade

das familias e non recibe un trato diferente o alumno cuxa familia é doante da que non, co que se desmonta a pretensión de imputar un pago pola educación.

2. Os fondos públicos para garantir a liberdade de elección, varían en función da comunidade autónoma e non cobren todos os custos de escolarización do alumnado matriculado.

CONGAPA censura que estes debates estériles e sectarios sempre se realicen ao comezo de cada curso escolar ou cando se abren o proceso de admisión de alumnos creando un ambiente de incerteza e desconcerto entre as familias. Preocúpanos que se tente asfixiar a liberdade de elección das familias con falsos argumentos e que con iso a escola perda pluralidade.

Comunicado del Ministerio de Hacienda.